Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda fai campaña contra os incendios forestais

Reboreda

En colaboración coa concellería de Medio Ambiente, o local da Cultural de Reboreda loce na fachada de cristal unha chamativa composición con dous bosques. Trátase dun vinilos translúcido que nunha parte representa un bosque queimado e noutra un bosque cheo de vida. As imaxes van acompañadas dunha mensaxe curta e rotunda “ISTO ou ISTO”. A instalación está pensada para que dende o interior dea sensación de estar dentro dun bosque en chamas ou dentro dun bosque cheo de vida. O deseño desta composición foi realizado polo alumnado do Obradoiro de Garantía Xuvenil Redondela TIC.

Proxección de cine ao aire libre con “O que arde”

A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda sumándose á Concellería de Medio Ambiente proxecta esta noite, ás 22.00 horas, a película “O que arde”. O premiado filme de Oliver Laxe poderá verse ao aire libre, no aparcadoiro do centro. A película, que se desenvolve nunha zona galega, aborda o problema da desaparición do medio rural a causa dos incendios forestais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará