Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno de Soutomaior solicita a instalación de dúas zonas cubertas no instituto

ies soutomaior

A corporación municipal de Soutomaior aprobou onte por unanimidade solicitar á Xefatura Territorial de Educación a instalación de dúas zonas cubertas no instituto. A mellora foi solicitada polo Consello Escolar do centro mediante un escrito que foi ratificado polos dous partidos políticos con representación no municipio, PP e BNG. A demanda supón instalar unha cuberta na pista polideportiva e outra na parte dianteira do centro. No caso da primeira permitiría aos alumnos estar a resgardado nos recreos en caso de chuvia, e tamén organizar festivais ou outros actos. A cuberta na parte dianteira do centro tamén permitiría usar este espazo nos recreos e faría máis confortable a espera de estudantes nos momentos de entrada e saída do centro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará