Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG celebra un acto informativo sobre os parques eólicos na bisbarra

FotoEolicos

Dende a organización nacionalista fan un chamamento á veciñanza de Redondela para que asista á charla que celebran esta tarde sobre as políticas da Xunta de Galicia de promoción de parques eólicos por toda a comunidade, e tamén na bisbarra redondelá. O BNG critica a estratexia do goberno galego “de ocupar con muíños de vento practicamente todo o monte “escudándose na posible orixe verde da enerxía producida”. Advirten que no concello de Fornelos de Montes hai probabilidade de construír un parque deste tipo. En Pazos de Borbén estaba previsto outro “que mesmo podería afectar ao concello de Redondela”, sinalan. A formación demanda que Redondela exerza de cabeceira de comarca “e estea disposta a mobilizarse para evitar que as políticas da Xunta utilicen o monte como un gran polígono ao servizo de intereses especulativos”.

Este venres, ás 20.00 horas, celebran un acto informativo no auditorio da Xunqueira para facilitar información sobre estes proxectos. No encontro participará o voceiro municipal, Xoán Carlos González, o responsable local de Pazos de Borbén, Xurxo Pardo, e a deputada nacionalista, Alexandra Fernández.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará