Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A investigación de Medio Ambiente apunta a Aucosa como causante do verquido en Rande

AucosaConcelleriaMancha

Os informes do axente da Concellería de Medio Ambiente apuntan que o vertido a ría do pasado mércores produciuse en Aucosa, a axuliar conserveira de Cabanas. O axente de Medio Ambiente do Concello acudiu ao lugar xunto con axentes da Policía Local, onde puideron constatar a existencia cunha mancha de grandes dimensións no estreito de Rande. Grazas á colaboración dun mariñeiro que faenaba na zona o axente puido adentrarse na ría e recoller unha mostra do verquido “unha sustancia moi compacta, similar a algún tipo de graxa que desprendía un forte cheiro a peixe”. Unha técnica especialista contratada polo Concello desprazouse ao lugar para recoller as mostras necesarias para realizar a análise e esclarecer de que sustancia se trata. Os feitos foron postos en coñecemento de Salvamento Marítimo que desprazou ó lugar ó buque “Pelícano”. Tamén realizou unha inspección aérea o helicóptero “Pesca I”, e o buque dos garda costas de Galicia “Valentín Paz Andrade” que colaborou na recollida de mostras. Como establecen os protocolos foron revisados polo axente e a técnica varios lugares da zona e instalacións industriais. Un responsable da Autoridade Portuaria de Vigo e o xefe de Salvamento Marítimo de Vigo presentáronse en Aucosa cunto co axente de Medio Ambiente do Concello de Redondela para facer unha inspección. Nun habitáculo atoparon tres tanques de aceiro inoxidable, aparentemente estancos,cunha capacidade de 29.000 litros cada un. No chan do habitáculo apreciaron “gran cantidade dunha sustancia moi similar á recollida na ría, coa mesma textura, cor e cheiro a peixe”. Tomáronse mostras nas instalacións de Aucosa para ser analizadas “e facer unha comparativa coas recollidas na ría”. Unha vez recibidas as analíticas incorporaranse ao informe enviado onte xoves aos organismos competentes da Xunta de Galicia. Desde a Concellería de Medio Ambiente consideran “alarmante” esta situación “mentres o goberno galego declara que a empresa está cumprindo coa declaración medio ambiental integrada”. Advirten tamén que nas últimas semanas “incrementouse o fedor que padece a veciñanza, que é nauseabundo”. Dende a Concellería de Medio Ambiente solicitan á Xunta de Galicia “un maior control sobre as actividades de Aucosa”, xa que está a ser o Concello de Redondela o que pon os recursos para o seu control “cando carece de competencias para sancionar a esta industria contaminante”.

O BNG denuncia o verquido no Parlamento Galego

A formación nacionalista sinala que “dada a gravidade dos verquidos á Ría de Vigo no entorno de Cabanas” a deputada Alexandra Fernández presentou diversas iniciativas no Parlamento Galego. Fernández advirte que esta última vertedura súmase “a un longo historial que esixe de actuacións contundentes”, e pregunta á Xunta que medidas vai tomar “para sancionar e depurar responsabilidades polas verteduras detectadas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará