Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela por violencia machista

PoliciaDetido_n

Axentes da Policía Local detiveron esta madrugada a un mozo de 27 anos por un presunto caso de violencia de xénero. Foi unha veciña a que deu aviso á comisaría dun altercado ao escoitar golpes e unha forte discusión nunha vivenda da rúa O Carballo. Eran as 00.35 da pasada noite. Os axentes que se desprazaron ao lugar atoparon xa na rúa á vítima, que conseguira abandonar o domicilio que comparte co presunto agresor. A moza, de 27 anos, presentaba varias lesións e moito nerviosismo, e afirmou que non era a primeira vez que sucedía. Explicou que a discusión iniciouse cando lle comunicou á súa parella a intención de poñer fin á relación e deixar a casa na que convivían. O home non aceptou a decisión da moza, golpeouna en varias ocasións e retívoa no domicilio contra a súa vontade. A muller conseguiu escapar por unha fiestra. A Policía detivo ao varón, tamén de 27 anos de idade, e foi trasladado á comisaría da Policía Nacional en Vigo. Hoxe pasará a disposición xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará