Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reláxanse as restricións: a partir do sábado poderán xuntarse dez persoas no exterior e seis no interior

dav

A ampliación das reunións de non conviventes é unha das novidades que entrará en vigor o sábado grazas á mellora da situación epidemiolóxica en Galicia. Permitiranse as reunións de ata dez persoas non conviventes en exteriores e de seis en interiores a partir do día 29 de maio. Estas limitacións aplicaranse tanto nos locais de hostalería como nas vivendas particulares. Con todo, mantense a prohibición de xuntarse con non conviventes dende a 1:00 ata as 6:00 da madrugada, tanto en domicilios coma ao aire libre. Outras medidas de alivio acordadas na última reunión do comité clínico é que a ocupación pasará do 50% ao 75% en todos os municipios, agás nos que estean en nivel alto ou máximo de restricións. Esta ampliación do aforo afecta ao comercio, aos congresos e as reunións profesionais, culturais e académicas, cunha distancia de seguridade de 1,5 metros. Os establecementos hostaleiros manteñen a ocupación actual, que varía en función do nivel de restricións do concello no que se atopen. Todas estas medidas entrarán en vigor o vindeiro sábado 29 de maio.

Redondela e bisbarra seguen no nivel medio baixo

A maior parte dos municipios galegos están no nivel máis baixo de restricións. É o caso de Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior, Fornelos de Montes, e tamén a cidade de Vigo. Redondela conta con 25 casos activos de Covid a día de hoxe, dos que 18 foron diagnosticados nos últimos 14 días. A incidencia acumulada é de 62 casos por cada cen mil habitantes.

Mos entra no nivel máximo

O sábado, ademais de Lobios, que xa permanece en restricións máximas desde hai unha semana, estará Mos e tamén a Pobra do Caramiñal. Nestes municipios continúa vixente o confinamento perimetral, o toque de queda desde as 23:00 ata as 6:00 horas, a prohibición de encontros con non conviventes e o peche da hostalería.

Nivel alto

Agora, no nivel alto de restricións estarán Ribeira, Ordes, Moraña, Ponte Caldelas e Viveiro. Nos concellos neste nivel só está aberta a hostalería nas terrazas e a un 50%.

Nivel medio

As medidas do nivel medio, con hostalería aberta ao 30% en interiores e ao 50% en terrazas, permanecerán desde o sábado nunha ducia de municipios das catro provincias: O Barco de Valdeorras, Moaña, Ponteareas, Cambados, Bueu, Boiro, Rianxo, Cee, Xove, Cervo, Vilalba e Monforte.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará