Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar demandan a súa vacinación urxente

dav

O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) conta en Redondela con 50 traballadoras, que atenden a un total de 159 usuarios. So na súa maioría persoas maiores e dependentes “que son a poboación máis vulnerable” fronte á Covid, explica Rebeca Porto, coordinadora do servizo. Levan reclamando desde o pasado mes de febreiro que o proceso de vacinación deseñado para traballadores esenciais as inclúa. Nun primeiro momento foron chamadas 19 das coidadoras do SAF para recibir a primeira dose da vacina “e esta semana recibirán a segunda dose, pero das demais nada se sabe”, lamenta Porto. A algunhas traballadoras, por estar na franxa de idade na que se está a vacinar á poboación xeral (de 50 a 59 ou de 60 a 69), xa as chamaron “pero non porque sexan traballadoras esenciais”. Levan desde febreiro agardando e reclaman ser vacinadas “xa”.

Rebeca Porto é a coordinadora do SAF en Redondela

As traballadoras lamentan que malia ser consideradas traballadoras “esenciais”, e que prestan un servizo “indispensable” para os seus usuarios, seguen “desprotexidas” e esixen “feitos, non palabras”. Carmen Vázquez explica que o seu labor é de contacto “directo e estreito” cos maiores aos que coidan, asean e dan de comer, entre outras funcións.

Carmen Vázquez é unha das 50 coidadoras do SAF de Redondela

As coidadoras visitan varios domicilios cada día “o que supón un risco para elas e para os seus usuarios”. Tamén as familias amosan preocupación ante esta situación, xa que os maiores aos que coidan están vacinados “pero as coidadoras non”. Advirten que levan máis dun ano traballando, facendo “un gran esforzo” para cumprir os protocolos, e non entenden o atraso na vacinación.

As familias dos maiores aos que atenden ven tamén con preocupación que as coidadoras non estean inmunizadas

As traballadoras explican que nunha reunión mantida coa alcaldesa, Digna Rivas, a rexedora manifestoulles o seu apoio. Rivas solicitou hai un mes á Consellería de Sanidade “a vacinación inmediata” das traballadoras do SAF. As coidadoras denuncian que polo de agora non tiveron ningunha resposta “nin coñecemos as xestións realizadas”. Tampouco por parte da Xunta de Galicia recibiron contestación algunha.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará