Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As visitas teatralizadas volven ao Castelo de Soutomaior con 1.000 prazas de maio a setembro

castillo_de_sotomaior_actores

As entradas están xa dispoñibles en www.castelodesoutomaior.com para asistir ás visitas caracterizadas, que comezan este domingo, e teatralizadas, que arrancan o 5 de xuño

A Deputación de Pontevedra pon en marcha un programa de visitas especiais logo do éxito das edicións anteriores. Máis de 1.000 persoas poderán gozar este verán das visitas caracterizadas e teatralizadas ao Castelo de Soutomaior, que arrancan este domingo, 30 de maio, e estenderanse ata setembro. No caso das visitas caracterizadas están dirixidas ao público adulto, e as visitas teatralizadas para o público infantil e familiar. “Un xeito diferente de coñecer o castelo e a súa historia”, sinalaba na presentación desta actividade a presidenta da Deputacioón, Carmela Silva. Xa están dispoñibles as entradas na páxina web www.castelodesoutomaior.com a un prezo de 8 euros por persoa.

As visitas caracterizadas, a cargo de Aguias e dirixidas ao público adulto, comezan este domingo, 30 de maio, e estenderanse ata o 25 de agosto. No percorrido, de 60 minutos de duración, as persoas que se acheguen ao castelo camiñarán polo seu parque botánico e o xardín de excelencia internacional, coñecerán as árbores senlleiras e os viñedos da man de tres mulleres caracterizadas como María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria, quen explicarán as súas vivencias e anécdotas. As visitas terán lugar o 30 de maio; os días 6,13, 20 e 27 de xuño; o 8, 14, 21 e 28 de xullo e o 4, 11, 18 e 25 de agosto en dous pases diarios ás 11 e 13 horas.

No caso das visitas teatralizadas, a cargo de Troula e dirixidas ao público familiar, comezan o sábado 5 de xuño, e estenderanse ata o 6 de setembro. No percorrido, tamén dunha hora de duración, as familias coñecerán a historia do castelo a través da peza “Irma e Diña” na que aparecerán personaxes tan coñecidas como Pedro Madruga, Paio Gomes e as labregas Irma e Diña, que presentarán a dobre visión da historia dende o punto de vista da nobreza e dos labregos. As visitas terán lugar en xuño os días 5, 12, 19 e 26 en dous pases diarios ás 16.30 e 18.00 horas. En xullo, agosto e setembro haberá catro pases ás 11.00, 13.00, 17.00 e 18.30 horas os días 5, 12, 19 e 26 de xullo; o 2, 9, 23 e 30 de agosto e o 6 de setembro.

Ofertaranse 15 prazas por cada pase de tal xeito que haberá dispoñibles 660 prazas para participar nas visitas teatralizadas e 390 para as caracterizadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará