Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O acordoado dunha beirarrúa por risco de derrube deixa inutilizado un semáforo

ChapelaSemaforo_n

O perigo de desprendementos de varias vivendas en estado ruinoso levou á Policía Local a acordoar parte da beirarrúa da avenida de Vigo, en Chapela. Entre os números 279 e 283 desta vía pechouse o tramo habilitado para os peóns xa que hai risco de desprendementos. A Asociación de Veciños de Chapela advirte que, como consecuencia desta actuación, cortouse tamén o acceso ao semáforo situado dentro da mesma zona, e que funciona manualmente premendo un botón para ceder o paso aos peóns. O colectivo veciñal denuncia que agora tanto para pasar pola estrada como para cruzar deben pasar pola calzada. Advirten que se trata dun tramo perigoso “nunha curva sen visibilidade e cun cambio de rasante co conseguinte perigo de atropelados, xa que os vehículos pasan a excesiva velocidade malia haber limitación”. Os veciños manifestan a súa preocupación xa que nesta zona viven moitas persoas de avanzada idade “e non hai outro medio para cruzar entre as beirarrúas”. Tamén lamentan que a única medida de protección sexa acordoar a zona cunha cinta, e temen “que pasen anos sen una solución efectiva”. A Asociación de Veciños de Chapela xa reclamou ante o Concello de Redondela unha solución “urxente” a este problema, demandan “control na limitación de velocidade e a posibilidade de cambiar de sitio o semáforo para un lugar menos perigoso”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará