Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Somozas será o rival do Choco na fase de ascenso

ChocoPlay

A Unión Deportiva Somozas medirase aos de Gonza nun partido aínda sen data debido ao positivo por Covid no conxunto choqueiro

Xa coñecemos ao rival do conxunto redondelán na loita polo ascenso á 2ª RFEF. A sorte quixo que o plantel choqueiro teña que viaxar a Coruña para enfrontarse ao UD Somozas, nun partido que debería xogarse este domingo, día 30. Pero a data definitiva está no aire por un caso positivo de Covid no vestiario do Choco. O caso detectouse tralo cribado realizado polo Sergas a todo o equipo polo positivo dun xogador do Silva, conxunto ao que se enfrontaran 10 días antes. O futbolista do equipo choqueiro, que se atopa ben e sen síntomas, terá que estar confinado durante 10 días.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará