Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian verteduras do saneamento no río Louro en Nespereira

Vertedura

Alternativa Veciñal advirte que o pasado luns, festividade do 17 de maio, as augas do Rio Louro baixaban turbias e cun forte cheiro á altura de Nespereira. A agrupación denuncia que as deficiencias na rede de saneamento “provocan que verteduras deste tipo sexan frecuentes”. O voceiro municipal, Luciano Otero, explica que o problema da estación de bombeo situada augas arriba “non é novo nin puntual”. Sinala que o mal estado da rede de saneamento “provoca que verteduras deste tipo se produzan cada certo tempo por filtracións ou polas deficiencias das depuradoras de Nespereira, Amoedo ou Moscoso”. Otero afirma que o problema non son só as verteduras, xa que nalgúns lugares “os malos cheiros son case habituais, situación que Alternativa Veciñal lle trasladou ao goberno municipal sen que este, despois de moitos meses, fixera nada por solucionala”. O concelleiro lembra que hai anos a veciñanza podía bañarse “nas augas limpas e frescas da piscina artificial construída no leito do Louro en Nespereira, punto de encontro da parroquia durante o verán”. Lamenta que actualmente, “o estado das augas e do lugar, totalmente abandonado, fai que ese recordo pareza un imposible”.

AV considera que “coa forza do costume se están a normalizar situacións que non se deben permitir, como son as molestias por malos cheiros ou os continuos episodios de contaminación provocados polo mal estado do saneamento”. Por ese motivo, presentará unha moción no vindeiro Pleno reclamando un Plan que faga un diagnóstico da situación e que poña enriba da mesa solucións a esta problemática.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará