Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela celebra o Día Europeo da Rede Natura 2000 con actividades na enseada

SanSimonRede

Rutas en kaiak, paseos polo litoral de Cesantes, obradoiros para os nenos e un concerto son algunhas das actividades coas que a Concellería de Medio Ambiente quere conmemorar esta data. O obxectivo é dar a coñecer a riqueza natural de Redondela e poñer en valor “o privilexio de contar cun espazo de especial protección ambiental”.

Practicamente todo o litoral de Redondela pertence á Rede Natura 2000. Desde Punta Chapelisa e toda a enseada está incluída neste espazo, que conta con especial protección ambiental da UE. Con motivo do Día Europeo da Rede Natura 2000, o 21 de maio, e o Día Internacional da Biodiversidade o 22 de maior, a concellería de Medio Ambiente ofrece un programa de actividades dirixido a todos os públicos para poñer en valor “a gran riqueza natural da enseada de San simón”. Un espazo “único no mundo”, como apunta o concelleiro Roberto Villar, e debe ser coñecido e valorado pola cidadanía.

Roberto Villar, concelleiro de Medio Ambiente

As actividades comezan mañá venres 21, Día Europeo da Rede Natura 2000, diante da Casa do Concello. Entre as 11.00 e as 14.00 horas, expertos de Faia Educación Ambiental explicarán aos participantes a riqueza natural da enseada, e en que consiste pertencer a esta rede de protección europea. O concelleiro avanza que este tipo de actividades ambientais terán continuidade ao longo do verán

Rutas en kaiak, paseos polo litoral e obradoiros para os nenos son algunhas das actividades

O sábado, día 22, haberá actividades ao longo de todo o día. Pola mañá realizaranse rutas en kaiak na enseada, de 10 a 14 horas, con saída desde o peirao de Cesantes. Esta actividade é a única que será de pago, cun prezo de 15 euros. Tamén ser realizan paseos a pé polo litoral, para público de todas as idades. Terán unha duración de 45 minutos, para coñecer a biodiversidade da zona. Haberá varias saídas, desde as 10 ata as 13 horas, desde a praia da Punta de Cesantes. No mesmo horario tamén se realizarán obradoiros infantís cos temas “Pegadas” e “Cantos bechos viven por metro cadrado?”. Haberá animación musical a cargo doo grupo local “Pacíficos Errantes” de 13.30 a 14.15 horas. Pola tarde continuarán as actividades, con paseos polo litoral de 16 a 19 horas con saída na praia da Punta. Actividade de balde, e os obradoiros infantís “Comedeiros para aves”, “Realización de niños para aves” e “Moluscos e crustáceos”.

O domingo, día 23, repetiranse as saídas en kaiak desde o porto de Cesantes ás 10 da mañán.

Villar explica que estas actividades pretenden concienciar no respeto ao Medio Ambiente “para conservalo e non degradalo máis”. Estes espazos naturais “son un patrimonio importante do que dependen tamén moitos sectores e boa parte da economía de Redondela”.

Estas actividades pretenden concienciar no respeto ao Medio Ambiente “para conservalo e non degradalo máis”

Todas as actividades teñen prazas limitadas e estableceranse protocolos Covid. Os interesados poden informarse e facer as súas reservas no enderezo electrónico turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará