Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A hostalaría poderá alargar o seu horario ata a 1 da madrugada desde hoxe venres

dav

O comité clínico decidiu onte igualar o horario de peche de restaurantes e bares, a condición de que sirvan ceas, sen importar o tipo de licenza. Tamén se esixirá a estes locais que conten cun dispositivo que mida a cantidade de CO2 no ambiente.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou que as medidas anunciadas onte polo comité clínico con respecto á ampliación do horario de todos os bares ou taperías que sirvan ceas aplicaranse a partir desta mesma noite. Por tanto, a hora de peche será á 1:00 da madrugada do sábado e descártase por tanto que se produza unha “hora pantasma” entre as 23:00 e as 00:00 horas.

En canto aos aforamentos, continuarán como até agora, cun máximo do 50% no interior dos locais e 75% en terraza. O número de comensais seguirá sendo de 4 como máximo dentro e 6 ao aire libre.

Estas novas medidas foron demandadas durante semanas polo sector da hostalaría, que entendía que os locais deberían ter a mesma hora de peche aínda que tivesen licenzas diferentes. Ata o de agora a ampliación do horario tan só estaba permitida para locais con licenza de restaurante. Mantéñense os mesmos requisitos que xa se esixían para os restaurantes: medidor de CO2 e rexistro de clientes.

Mellora dos datos epidemiolóxicos

A mellora dos datos epidemiolóxicos permite esta relaxación das medidas na hostalaría. Redondela, igual que o resto de municipios da bisbarra, está no nivel máis baixo de restricións. A hostalaría pode abrir as terrazas co 75% de ocupación, e un 50% no interior dos locais. Na mesma situación están Vigo, Soutomaior, Pazos de Borbén ou Fornelos de Montes. Segundo datos do Sergas, Redondela conta a día de hoxe con 34 casos activos de Covid, e unha incidencia acumulada de 99 casos por cada 100.000 habitantes.

O comité clínico determinou o nivel alto de restricións en Mos, Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña, Ponte Caldelas, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Oleiros. Nestes concellos só está aberta a hostalería nas terrazas e a un 50 por cento. En Mos farase un cribado no instituto.

Lobios é único concello con peche perimetral a partir de mañá sábado, con nivel máximo de restricións e hostalaría pechada.

No nivel medio de restricións, con hostalería aberta ao 30% por cento en interiores e ao 50% en terrazas, permanecerán desde o sábado os seguintes municipios: Barbadás, O Barco de Valdeorras, Santiso, Boiro, Rianxo, Padrón, Ordes, Valga, Ames, Carral, Fisterra, Cee, Bueu, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Cangas, Moaña, Salceda de Caselas, Chantada, Viveiro e Cervo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará