Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela homenaxea á Xela poeta, feminista e activista

sdr

O grupo As Efémeras participou no acto de homenaxe cun concerto na Alameda Castelao

Ducias de persoas ateigaron onte a Alameda Castelao para participar na homenaxe de Redondela a Xela Arias no Día das Letras Galegas. O acto institucional contou coa participación da alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, e pechouse co concerto do grupo local As Efémeras e a interpretación do himno galego a cargo do grupo de gaitas Asubíos de Portocedeira. No seu discurso, Rivas salientou o feito de que sexan tan poucas as mulleres homenaxeadas nas case seis décadas de historia deste recoñecemento. Desde 1963 só cinco mulleres foron homenaxeadas no Día das Letras Galegas: Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, María Vitoria Moreno e agora Xela Arias. A rexedora puxo tamén en valor que estas mulleres foran quen de abrirse un oco nun mundo que era “terreo case exclusivo de homes”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Rivas confiou en que a homenaxe deste ano a Xela Arias marque “un cambio de tendencia” como a propia Xela marcou no seu tempo non só como poeta, senón tamén como feminista e activista na defensa do idioma.

Rivas puxo en valor a figura de Xela Arias como poeta, pero tamén como feminista e activista

O concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, reivindicou tamén o papel das mulleres na cultura e na loita polas liberdades, e pediu á veciñanza “non poder nunca a oportunidade de defender a nosa lingua como parte de nós”.

Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura

O grupo As Efémeras ofreceu un concerto no que, como facía Xela Arias, misturaron a música coa poesía e a ecoloxía. O grupo de gaitas Asubíos de Portecedeira pechou o acto interpretando o himno galego.

Homenaxe en Chapela

O acto de homenaxe celebrado onte en Redondela viña precedido do que o domingo acolleu a Alameda Rosalía de Castro de Chapela. Coa participación de Darío Gil, fillo de Xela Arias, o Concello quixo render tributo á figura da poeta e tradutora na parroquia onde foi mestra, e cuxa biblioteca municipal leva o seu nome. O acto contou coa actuación do Coro de Voces Graves de Vigo e a Coral O Piñeiral de Chapela.

Darío Gil, fillo de Xela Arias, participou na homenaxe das Letras Galegas celebrado polo Concello en Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará