Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos para celebrar as Letras en Pazos

Cotacuentos dia letras galegas

O Concello de Pazos de Borbén celebrará este ano o Día dás Letras Galegas cunha sesión de contacontos dirixida ao público infantil e na que se renderá homenaxe a Xela Arias, autora á que se dedica o día nesta edición, e a outras figuras da literatura galega como Castelao ou Carlos Casares. A sesión celebrarase no salón de actos da Casa do Concello mañá mércores, día 19, ás 13.00 horas.

Co título “Carteiro en bicicleta”, o actor Felipe Díaz interpreta unha historia na que un carteiro percorre un rueiro imaxinario no que as rúas teñen os nomes dos autores homenaxeados o Día das Letras Galegas. Durante o traxecto, o autor realiza un repaso á historia da literatura galega a través das súas principais personalidades: Castelao, Rosalía, Cunqueiro, Manuel María e a propia Xela Arias. A actividade contará coa participación dos alumnos de 1º e 2º do CPI Curros Enríquez de Pazos e destaca pola súa interacción co público e a integración de xéneros como o teatro, a música en directo, a poesía e o discurso etnográfico.

Nova colección de Xela Arias na biblioteca municipal

Ademais do contacontos infantil, a biblioteca municipal de Pazos de Borbén acaba de adquirir unha colección de 15 novos libros sobre Xela Arias para complementar os exemplares xa existentes e divulgar a súa obra entre a veciñanza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará