Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alternativa Veciñal denuncia o estado de abandono dos bens municipais de Pazos

FotoPAZOSletrasMG_20201113_132532

O voceiro de Alternativa Veciñal, Luciano Otero, advirte que a maioría de infraestruturas de Pazos de Borbén “presentan un aspecto lamentable pola falta do máis mínimo mantemento”. Pon como exemplo o pavillón municipal “con desconchados e letras a medio caer”, ou elementos dos parques infantís e biosaudables “enferruxados e rotos”. En inmobles como as casas de escola “entra auga e despréndese os teitos”. Para poñerlle freo a esta situación, Alternativa Veciñal demandou no último Pleno a elaboración dun Plan de mantemento das infraestruturas municipais “para coidar do patrimonio municipal e da seguridade das persoas”. A proposta foi rexeitada polo Partido Popular alegando “que xa se está a facer ese mantemento”, afirmación que segundo Otero “non se corresponde coa realidade”. Para Alternativa Veciñal esta situación “de absoluto abandono” non só dá “unha pésima imaxe a veciños e visitantes”, senón que provoca perdas económicas “polo deterioro dos bens”. Advirten tamén que este mal estado de conservación supón “un perigo para as persoas usuarias” no caso dos parques infantís con partes rotas e oxidadas ou posibles desprendementos en edificios. Luciano Otero sinala que resultaría “moito máis rendible gastar algo en mantemento en lugar de perder un ben ou ter que afrontar reparacións máis caras polo seu deterioro grave”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará