Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe nas ondas a Xela Arias

Xela a diario.Voces amigasCartel

O luns 3 de maio dará comezo a segunda fase do proxecto radiofónico “Xela a diario”, organizado polas Bibliotecas Municipais de Redondela, baixo a coordinación e condución da narradora e dinamizadora cultural Ana Facchini. Esta homenaxe Xela Arias, á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, contará co espazo diario “Voces amigas”, no que destacados convidados da cultura e as letras falarán sobre a vida e a obra de Arias, a quen moitos deles coñeceron persoalmente, así como membros da súa familia. María Xosé Queizán, Manuel Bragado, Yolanda Castaño, Antonio García Teijeiro ou María Reimóndez serán algúns dos persoeiros que pasarán polos micrófonos de Radio Redondela para falar da poeta, editora e tradutora. “Xela a diario. Voces amigas” emitirase na Radio Municipal de Redondela do 3 ao 17 de maio, de luns a domingo, ás 12.00 e ás 17.00 horas. Poden escoitalo no 94.9 da FM e na internet en radioredondela.com. Os podcast estarán dispoñibles tamén a través da páxina web de Radio Redondela e no seu Facebook.
Nas fins de semana tamén poderá escoitarse en Radiofusión pola Rede de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA).
Este ano en que as Letras Galegas se lle adican á poeta e tradutora Xela Arias, as bibliotecas municipais de Redondela están “comprometidas como nunca” coa celebración desta festa pois unha das bibliotecas da súa Rede, a que está situada en Chapela, leva como nome Xela Arias dende o ano 2018 por votación popular.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará