Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela celebra os Maios cunha exposición sobre a historia desta festa

expoMaiosxente

O Paseo da Xunqueira inaugura a exposición “Os Maios, a festa da primavera” que percorre a historia e características desta festa tan tradicional en Redondela. Ante a imposibilidade de celebrar a Festa dos Maios polas restricións derivadas da Covid-19, a Concellaría de Cultura decidiu manter viva esta data cunha mostra ao aire libre onde a veciñanza poida facer unha viaxe fotográfica pola historia dos Maios en Redondela. “Decidiuse ubicar a exposición no Paseo da Xunqueira para integrala nun entorno natural, rodeada de plantas e flores, que é a esencia desta festa. Pensamos que sacar a exposición á rúa era máis seguro sanitariamente, e tamén un xeito de achegar a historia, a cultura e as nosas tradicións aos viandantes que”, explica o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa. O edil non descarta aproveitar a idea e continuar nun futuro “con outras exposicións doutras temáticas.” Nos diferentes paneis da mostra recóllese información sobre os maios: os tipos de maios que existen e os materiais dos que están feitos a través de imaxes antigas do Arquivo Municipal. Tamén sobre a historia das coplas, as composicións satíricas en verso que tradicionalmente reflicten a crítica social e os acontecementos do ano.
Hai fotografías que datan dos primeiros concursos dos Maios (1956) e van percorrendo a historia desta festa, a historia da vila de Redondela, celebrando a chegada da primavera, ata o día de hoxe. A exposición no Paseo da Xunqueira manterase durante todo o mes de Maio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará