Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela manda tamén nas traiñeiriñas

RemoChapelaBueu

Logo dunha espléndida temporada de bateis, o Club de Remo Chapela comezou tamén con excelentes resultados a liga de traiñeiriñas. Na Bandeira Concello de Bueu disputada onte o C.R. Chapela proclamouse campión nas categorías absoluta feminina e xuvenil masculina, e a traiñeiriña das mozas gañou tamén a Bandeira Concello de Vigo o sábado.

Fin de semana de excelentes resultados para o remo redondelán na estrea da liga de traiñeiriñas. Onte domingo disputouse a Bandeira Concello de Bueu, coa dobre vitoria para o club de Chapela, mentres os absolutos masculinos de Meira conquistaron a terceira bandeira en xogo. Foi unha gran xornada con dominio do barco feminino de Chapela, moi superior aos seus rivais, deixando atrás a Cabo de Cruz, segundo e Tirán, terceiro. Tamén o equipo xuvenil masculino de Chapela fixo un gran papel en augas do Morrazo, xa que malia que Cabo Cruz deixara un bo crono na primeira serie, os chapeleiros na segunda manga melloraron a Cabo en sete segundos e fixéronse coa vitoria xeral.

O sábado, en augas do Vao, as mozas de Chapela e as escuadras masculinas do Club do Mar de Bueu conquistaron onte a I Bandeira Concello de Vigo de traiñeiriñas. As redondelás fixérono cunha vitoria contundente con 6 puntos, seguidas de Tirán con 4 e Robaleira con 3.

Resultados Bandeira Concello de Bueu

Absolutos Femininos: 1.- Chapela, 15.17:13; 2.- Cabo Cruz, 15.32:41; 3.- Tirán, 15.41:69; 4.- Chapela, 15.48:27; 5.- Robaleira, 15.53:48.-

Xuvenil Masculino: 1.- Chapela, 14.21:48; 2.- Cabo Cruz, 14.28:28; 3.- Bueu, 14.33:21; 4.- Samertolaméu, 14.53:57; 5.- Narón, 15.05:91.

Absoluto Masculino: 1.- Cabo Cruz, 13.27:53; 2.- Meira, 13.35:49; 3.- Samertolaméu, 13.39:09; 4.- Ares, 13.41:39; 5.- Bueu, 13.43:46; 6.- Tirán, 13.48:48.

Bandeira Concello de Vigo

Absolutas femininas: 1.- Chapela, 15.45:83; 2.- Tirán, 16.00:85; 3.- Robaleira, 16.35:59; 4.- Tirán, 16.38:72; 5.- Chapela, 17.13:21.

Xuvenil masculino: 1.- Bueu, 14.53:59; 2.- Amegrove, 15.02:76; 3.- Samertolaméu, 15.04:32; 4.- Chapela, 15.49:07; 5.- Coruxo, 18.24:43.-

Absolutos masculinos: 1.-Meira, 13.59:86; 2.- Samertolaméu, 14.01:89; 3.- Tirán, 14.09:03; 4.- Bueu, 14.09:81; 5.- Tirán, 14.14:23.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará