Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior celebra actividades de animación á lectura na rúa

SoutomaiorContos

Tras a suspensión da pasada semana dos actos conmemorativos do Día do Libro pola choiva, o Concello de Soutomaior organiza para este fin de semana tres días de actividades de animación á lectura na rúa. A participación é totalmente gratuíta e sen límite de idade. Accederase por orde de chegada até completar o aforamento permitido para cada actividade. O programa de actos comezará esta tarde de venres coas historias de Mortadelo e Filemón, na alameda Talo Río a partir das 17 horas. Trátase dunha interpretación ao estilo dos contacontos tradicionais, pero onde os personaxes dos contos cobran vida. O sábado 1 de maio haberá unha dobre sesión do espectáculo “Unha fábrica de bicos”. A primeira actuación comezará ás 17:00 horas no peirao de Arcade e a segunda terá lugar na Alameda Talo Río ás 18.00 horas. O domingo será a quenda da historia de “Superpataca”, que tamén contará cunha dobre sesión. A primeira será en Talo Río a partir das 12.30 horas e a segunda a partir das 17:00 horas no Campo de San Benito de Romariz.

Os espectáculoS contará con cadeiras individuais para cada participante de maneira que se poida manter a distancia de seguridade. Ademais, para acceder ao espectáculo, será necesario levar máscara e seguir as normas sanitarias e protocolos contra a Covid 19.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará