Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Local pide a dimisión do edil de Persoal pola súa “falta de consideración” cos axentes

policiaRedondela

O plantel da Policía Local de Redondela remitiu un escrito á alcaldesa, Digna Rivas, no que solicita “a dimisión ou o cese” do concelleiro de Persoal, Alberto Álvarez, así como desculpas públicas ante os axentes “polas repetidas faltas de consideración cara este corpo”. No escrito afirman que unha persoa que “desmerece e menospreza” ao corpo da Policía Local “non debe ocupar o cargo de concelleiro de Persoal”. A Policía Local, conformada por 26 axentes en activo, xustifica o seu malestar con Álvarez logo de que en dúas ocasións o edil manifestara en público expresións como “non vos podedes comparar coa Policía Nacional porque vós non fostes a Ávila”, en referencia á Escola Nacional de Policía situada nesa provincia. Desde a Policía Local advirten que a policía galega conta cunha academia de formación propia, a Academia Galega de Seguridade Pública, situada na Estrada. Explican que nesta academia fórmanse tanto axentes locais como da Policía Autonómica, Nacional ou Garda Civil. A formación que deben superar os axentes da Policía Local costa dun curso de 1.400 horas e cinco exames de oposición.

Este desencontro entre a Policía Local e o goberno de Rivas súmase á denuncia que hai dúas semanas facían pública os axentes pola falta de medios. Nun escrito advertían das dificultades para para protexer ás vítimas de violencia machista “por carecer dos medios e o persoal necesario ”, logo de que a comezos de ano o Concello renovase o acordo de colaboración entre a Policía Nacional e Policía Local no marco do programa VioXén.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará