Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas esixe “a vacinación inmediata” das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar

vacunacruces01.jpg202101

A alcaldesa e concelleira de Servizos Sociais, Digna Rivas, denuncia que tan só 17 das 50 traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Redondela (SAF) recibiron a vacina contra a Covid-19. Rivas lembra que este persoal presta un servizo “de capital importancia” a persoas maiores ou dependentes “que precisan de asistencia nos seus domicilios”. Explica que o seu labor é “de contacto directo” polo que é preciso extremar as precaucións “xa que os usuarios son sobre todo persoas maiores e polo tanto de grupo de risco”. Este contacto directo “pode supoñer que as coidadoras se contaxien e ao mesmo tempo poden ser fonte de contaxio” polo que urxe a súa vacinación. A rexedora lamenta o “absoluto desinterese” demostrado pola Consellería de Sanidade “ante as insistentes peticións que dende o Goberno local se levan formulado sobre este delicado asunto”. A alcaldesa asegura que as traballadoras “cumpren a súa función cunha profesionalidade fora de toda dúbida”. Subliña que o feito de que o persoal do SAF “non teña a consideración de persoal esencial e polo tanto, non estea incluído entre os que reciben a vacina, deixa en entredito os criterios que se seguen á hora de decidir que traballadores entran nesa cualificación”. Rivas critica que desde a Consellería de Sanidade se fagan constantes chamamentos á prudencia e colaboración dos Concellos para previr o avance da COVID-19 “e logo desatenden as medidas máis elementais como vacinar ao persoal que está en contacto directo con grupos de risco”. A rexedora local demanda que Sanidade “emende o seu erro” e proceda “á inmediata vacinación dunhas traballadoras que desenvolven un servizo esencial para a cidadanía”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará