Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco suma ante o Fabril e segue vivo na pelexa pola fase de ascenso

Choco26

Terceira División

Choco 0-0 Fabril

Nesta ocasión os de “Gonza” sumaron tan só un punto en Santa Mariña logo do empate sen goles ante o filial do Deportivo. Nos primeiros minutos do partido apenas houbo ocasións claras a excepción de dous tiros de Alberto e Davo. Cunha posesión de balón repartida entre choqueiros e deportivistas, o xogo despregouse sobre todo no centro do campo. Na segunda metade tanto os locais como os visitantes terían ocasión máis claras de gol. Kevin empregouse a fondo baixo os paus no 49 tras dous lanzamentos do Fabril. A resposta do CD Choco chegou no 51, Iano tentou abrir o marcador pero o tiro saíu fóra. Só 6 minutos máis tarde Davo probou sorte pero detivo o disparo o porteiro coruñés. E logo Guille atoparíase coa madeira no minuto 75 sendo esta a ocasión máis clara para os de “Gonza” ata ese momento. Na recta final Comis, no 85, intentaríao cun tiro certeiro á escuadra que despexou Alberto nunha boa intervención. Moitas opcións pero ningún gol, e ao final reparto de puntos en Santa Mariña.

Xuvenil División de Honra

Real Oviedo 3-1 Choco

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará