Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodosa Chapela segue na pelexa pola fase de ascenso

BMChapelaEquipo

Primeira Nacional

Bueu 29-32 Rodosa Chapela

Malia ir por detrás no marcador boa parte do partido, os de Fran Teixeira deron unha lección de xogo nos últimos minutos e fixéronse co partido ante o Bueu. Dous puntos que permiten aos de Chapela seguir vivos na pelexa por unha das dúas prazas que permiten participar na fase de ascenso a División de Honra Prata. Quedan catro xornadas e o Rodosa Chapela está a 1 punto do segundo clasificado, o Ampate Lanzarote. Na próxima xornada reciben na casa ao Vecindario, cos canarios na metade baixa da táboa.

Luceros 30-30 SAR Plastic Omnium

Os de Redondela conseguiron sumar un punto na difícil pista do Luceros nun encontro moi igualado de principio a fin. Os de Pablo Muíños chegaron ao último minuto con vantaxe dun gol, pero finalmente os do Morrazo igualaron o marcador. Reparto de puntos, e son xa 24 para a SAR, no 10º posto da táboa. A próxima xornada reciben ao Carballal na Bomboneira.

División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 25-26 Palencia

A SAR recibía na casa ao Balonmán Palencia no último partido da tempada. As pupilas de Elisardo González “Chini” non puideron despedir a liga ante a súa afección cun triunfo, malia ter acadado xa anteriormente o obxectivo da permanencia. O Palencia púxose por diante xa desde o comezo, con ata 5 goles de diferencia (1-6). A SAR remontou, e deulle a volta ao marcador na segunda parte (19-18). Pero despois dun tempo morto do Palencia o equipo visitante púxose por diante de novo, e outra vez a SAR remontou e conseguiu que a igualdade se mantivese até o final. Non puido ser, e nos últimos segundos o Palencia fíxose coa vitoria por 25-26, pero o equipo local fixo un bo papel, tendo en conta que o técnico deu minutos a xogadoras moi novas, a maioría xuvenís que ao longo desta temporada tiveron poucos minutos. O balance da temporada é moi positivo para o club, logo de acadar un ano máis a permanencia na División de Honra Prata nunha liga especialmente difícil marcada pola Covid.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará