Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo, un ano máis de Prata

SARperma

Foto: Patry Rivas

A vitoria sobre o Salud Tenerife na pasada xornada garante ao equipo de Redondela estar unha temporada máis da División de Honra Prata Feminina. O equipo que adestra Elisardo González Covelo “Chini” impúxose de maneira contundente ás canarias por 29-18 no pavillón redondelán. O equipo da SAR comezou desde o inicio do partido impoñéndose con claridade, e o público puido festexar a permanencia a falta de dúas xornadas para o final de liga. Unha “satisfacción” segundo explica o técnico, logo dun ano moi complicado marcado polas baixas e os protocolos Covid. Acadado o difícil obxectivo da permanencia nunha categoría de máximo nivel, o técnico avanza que nos últimos partidos poderá dar máis minutos ás xogadoras que ata o de agora tiveron menos protagonismo no plantel.

Elisardo González Covelo “Chini” adestrador da SAR Rodavigo

O técnico agradece o “gran esforzo” das xogadoras esta temporada tan complicada, e tamén da direcitva, “que traballa moito para cumprir todos os protocolos Covid e que poidamos adestrar e competir nas mellores condicións posibles”.

O adestrador salienta o esforzo realizado este ano polas xogadoras e a directiva

A próxima semana visitarán o pavillón do Porriño para medirse ao Rubensa, e a temporada rematará en Redondela o 24 de abril ante o Palencia Turismo, pechacancelas do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará