Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contará cunha ducia de barcos no Campionato Galego de Bateis

REMOmoaña

O Club de Remo Chapela domina as clasificacións na categoría feminina, logo de facerse este domingo coa Bandeira Concello de Moaña, que repartiu as prazas para a proba autonómica. Os mozos de Samertolaméu levaron a Bandeira masculina sumando 18 puntos, seguidos de Bueu con 17 e Chapela, 12. E as mozas de Chapela impuxéronse na Bandeira feminina con 11 puntos, empatadas con Mecos, pero con mellor cómputode clasificacións que as do Grove, mentres que foron terceiras as deportistas do club Robaleira con 10 puntos. No Campionato Galego de Bateis, que se celebrará os días 17 e 18 de abril en Bueu, participarán un total de 12 embarcacións de Redondela. Os de Arealonga competirán con 11 bateis, e o C.R Cesantes levará un nesta cita, organizada polo Club Mar de Bueu. Seis clubs foron os vencedores nas nove finais disputadas a pasada fin de semana en Meira, xa que en xuvenil feminino ao estar Chapela como único inscrito, pasou directamente ao autonómico. Samertolaméu, Bueu e Tirán conquistaron dúas vitorias cada un e Chapela, Mecos e Robaleira as outras tres.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará