Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Leccións de solidariedade en Fornelos

ALLOS

Os alumnos de 3º de Primaria do CEIP Doutor Suárez de Fornelos de Montes teñen en marcha un fermoso proxecto solidario. Xunto coa súa mestra, Jessica Rodríguez, deseñaron unhas camisetas cos personaxes da súa aula “cabezas de allo”. Explica a mestra que fixeron un logotipo cos diferentes “dentiños” de allo, que representan as distintias áreas de traballo na escola. E finalmente levaron estes logos a unhas camisetas cos personaxes de “Pintacor” e “Fedelleiro”, que son os que representan as áreas artística e científica. O seu obxectivo é que este traballo teña impacto social, “que sirva para axudar nestes momentos de pandemia e transmitir a importancia da solidariedade desde a escola”. Estas camisetas solidarias serven para axudar á asociación Bicos de Papel, que traballa a favor dos nenos e nenas con enfermidades oncolóxicas do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Jessica Rodríguez, mestra de 3º de Primaria do CEIP Doutor Suárez, en Fornelos de Montes

As camisetas, a un prezo de 10 euros, están dispoñibles para nenos e adultos. Poden adquirirse a través da ONG Bicos de Papel ou nas redes sociais www.instagram.com/cabezasdeallo/ e no enderezo electrónico jeropi520@gmail.com.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará