Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CEIP Porto Cabeiro gaña o concurso das Letras Galegas 2021 da Xunta

cole cabeiro

O proxecto “Xela Arias e as palabras” resultou vencedor na categoría de Educación Infantil e Primaria no certame organizado pola Xunta de Galicia. O Concurso-Exposición celébrase co obxectivo de poñer en valor e dar a coñecer a autora Xela Arias, a quen a Real Academia Galega lle dedica este 17 de maio o Día das Letras Galegas. A iniciativa busca ofrecerlle aos centros educativos de Galicia materiais de calidade -xogos de carteis e unidades didácticas- para traballar desde as aulas a figura homenaxeada en todos os niveis educativos desde infantil ata bacharelato ou formación profesional. A exposición gañadora na categoría de Educación Infantil e Primaria é “Xela Arias e as palabras”, elaborada polo colexio redondelán, que se impuxo cun proxecto didáctico arredor da autora que salienta “pola súa orixinalidade e creatividade, pola beleza estética e pola diversidade das técnicas empregadas na procura de difundir a vida e a obra de Xela Arias entre o público máis novo”.

Como premio, o CEIP Porto Cabeiro recibirá 2.000 euros en metálico. O profesorado implicado no deseño e posta en marcha da exposición seleccionadas obterá unha certificación de premio de innovación educativa. Ademais, a coleccións de carteis que integran a mostra e a guía didáctica estará accesibles desde o Portal da Lingua Galega, para a súa descarga libre e de balde, canda outros materiais especialmente elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega.

Na categoría de ESO, Bacharelato, FP e Educación Especial, o traballo gañador foi “Abecedáriome”, do IES Plurilingüe de Ames, co que o equipo de traballo conseguiu plasmar a vida, a obra e a época de Xela Arias a través dun conxunto de carteis.

Sabela Gil e Isabel Valiño con Susana Crespo, coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística co CEIP Porto Cabeiro

Sabela Gil, asesora da Secretaría Xeral de Política Lingüística e Isabel Valiño, coordinadora dos Equipos de Normalización de Lingua Galega de Pontevedra, visitaron o centro redondelán para darlles os parabéns polo premio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará