Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“A lavandeira de San Simón”, unha historia de dignidade

dav

O auditorio da Xunqueira acolleu onte a presentación do libro “A lavandeira de San Simón”, de Eva Mejuto e ilustrado por Bea Gregores. Esta obra inaugura a colección “Pequena memoria” de Xerais, coa que a editorial pretende recuperar “as voces silenciadas da historia”. A obra está ambientada na época en que as illas de San Simón e Santo Antón foron presidio e campo de concentración franquista, entre 1936 e 1943, para achegar á rapazada este período da historia, narrado desde a perspectiva dos nenos e as mulleres que lles tocou vivir ese tempo. Tamén é unha homenaxe a esas mulleres que axudaron aos presos levándolles comida e lavándolles a roupa. No emotivo acto, ao que asistiron moitos dos familiares destas veciñas de Redondela, púxose de relevo “o valor e dignidade” destas mulleres. Anaír Rodríguez, da editorial Xerais, compartiu co público a súa propia historia familiar, xa que tamén é “neta e bisneta de lavandeiras”, Ramona e Teresa, veciñas da Picota e quen nome ás protagonistas do conto. Por iso explicou que este libro é “moi especial” para ela, xa que conta a historia de todas esas mulleres “tan dignas, das que hai que sentir orgullo”.

Anaír Rodríguez, cordinadora da editorial Xerais

A escritoria, Eva Mejuto, tamén deixou parte da súa propia historia familiar no libro na personaxe de Xulio, fillo dun dos presos na illa. Explicou que esta obra busca contar, con palabras e imaxes, un anaquiño destas historias silenciadas de mulleres valentes “para que non caia no esquecemento o seu traballo e sufrimento por acadar un mundo máis xusto”. O formato do álbum pretende que tamén nenos e mozos coñezan esta parte da historia, da Guerra Civil e a ditadura franquista. “As liberdades que hoxe temos costaron moito esforzo e sufrimento, e hai que lembralo para non perdelas”, advertiu Mejuto.

Eva Mejoto, autora de “A lavandeira de San Simón”

Un fillo desas lavandeiras, Carlos Covelo, compartiu tamén as súas lembranzas. Veciño da Portela, quixo render homenaxe “a todas as mullers que loitaron e arriscaron a vida por mellorar a situación tan penosa que pasaban os presos en San Simón”-

Carlos Covelo, veciño da Portela, e fillo dunha das lavandeiras de Sas Simón

Tamén a alcaldesa, Digna Rivas, lembrou a esas mulleres anónimas que se puxeron en risco “enfrontándose á represión da ditadura franquista para axudar aos presos”. E tivo un especial recordo para unha delas, Fina Carmen Fernández “Mucha”, de 98 anos, falecida no día de onte.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

A este primeiro acto de presentación de “A lavandeira de San Simón” seguirán nestes mesmo mes de abril outras actividades organizadas polo Concello que dedica este ano 2021 ás Mulleres de San Simón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará