Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Local denuncia “falta de medios” para protexer ás vítimas de violencia machista

policiaRedondela

Axentes do corpo redondelán advirten que carecen “dos medios e o persoal necesario para dar a cobertura que precisan as vítimas”, logo de que a comezos de ano o Concello renovase o acordo de colaboración entre a Policía Nacional e Policía Local no marco do programa VioXén. Trátase dun servizo “integral” de protección ás vítimas que recolle o reparto de funcións e asignación de vítimas, e adecúase ás referencias normativas actuais. A Policía Local explica que xa puxeron en coñecemento do Goberno local, un mes antes, “a precariedade de medios, a falta de efectivos, e a necesidade de formación actualizada para dar a protección que o novo protocolo establece e que obedece a nova normativa comunitaria, estatal e europea”. O programa esixe espazos reservados para garantir a privacidade das vítimas, dos que non dispón a comisaría de Redondela, ou ter un teléfono 24 horas para atención das vítimas. Os axentes sinala que, a día de hoxe “non se recibiu contestación e trabállase con precariedade absoluta de medios que se tentan paliar con todo o esforzo do cadro de persoal”. Actualmente son 29 os axentes cos que conta a Policía Local.

Os datos oficiais, de xaneiro deste ano, recollen 41 casos activos de violencia de xénero en Redondela, segundo datos recollidos no Sistema VioXén, o programa de seguimento integral de vítimas. Esta cifra supón case o 75% do total de casos activos en todo o partido xudicial, do que forman parte tamén Soutomaior, Fornelos de Montes e Pazos de Borbén, e que aglutina o 2,76% das denuncias rexistradas na provincia de Pontevedra. O 68% das vítimas da localidade son menores de 45 anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará