Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A supresión da peaxe Redondela-Vigo será en xullo

sdr

Os veciños manifestáronse hai dúas semanas para esixir a eliminación da peaxe e a instalación de pantallas acústicas

O anuncio, feito onte en Santiago polo ministro de Transportes, inclúe a rebaixa dun 20% na viaxe de ida para o resto de peaxes da AP-9, e gratuidade total na volta.

Logo de anos de espera e compromisos incumpridos polos sucesivos gobernos, o ministro Ábalos puxo onte data á eliminación da peaxe de Rande, no tramo que une Redondela e Vigo. Nunha xuntanza celebrada co presidente da Xunta, o responsable de Transportes avanzou que será no mes de xullo. Deste xeito faise efectivo o anuncio que o anterior Goberno fixera en 2017, logo de asumir que é inxusto “que o percorrido maior entre Vigo e O Morrazo sexa de balde, mentres hai que pagar un tramo intermedio máis curto”. Outras demandas históricas da veciñanza, como a instalación de pantallas acúsiticas e a reposición dos viais, aínda non teñen data de execución.

No resto da autoestrada do Atlántico será tamén en xullo cando se fagan efectivas as rebaixas nas peaxes. Os usuarios frecuentes da AP-9 pagarán a partir deste verán só o 80 % das peaxes do traxecto de ida, mentres que a viaxe de volta será de balde. Esa gratuidade que se aplicará na AP-9 ás viaxes de volta está condicionada a que o traxecto se faga nun prazo máximo de 24 horas, válido para calquera día da semana. O ministro engadiu que os “usuarios superrecurrentes”, aqueles que fagan un mínimo de 20 viaxes ao mes, terán tamén un desconto do 20% na ida. Para aplicar estes descontos é necesario pagar con telepeaxe. As rebaixas inclúen tamén as vaixes na autoestrada entre Vigo e Tui, anunciadas onte por sorpresa. Ábalos avanzou que o custe se reduce ao 50 % na viaxe de ida (pasa de 2,80 euros a 1,60) e a de volta entra dentro da gratuidade que se aplicará en todos os casos. O ministro xustificou esta decisión pola necesidade de reducir o tráfico na autovía A-55, colapsada pola intensa circulación nas horas punta, e unha das vías con maior sinistralidade de España.

Segundo anunciou Ábalos, a aplicación das rebaixas aplicarase en xullo, aínda que Feijoo solicitou que se adiante a finais de xuño, coa chegada do verán.

O acordo foi contestado onte polo BNG, formación que condicionou o seu apoio á investidura de Pedro Sánchez ás rebaixas na AP-9. Critican o atraso na aplicación das bonificacións, ademais de demandar o rescate da concesión.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará