Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Bolechas dan unha lección de igualdade en Pazos

Presentación libro bolechas

O Concello de Pazos de Borbén acaba de presentar un novo libro da coñecida saga de Os Bolechas titulado “En Pazos de Borbén somos iguais”. Unha historia educativa orientada aos escolares de infantil e primaria na que se transmiten conceptos básicos sobre igualdade e diversidade dunha forma amena e adaptada á súa idade. Neste novo capítulo dos populares debuxos de Pepe Carreiro, os irmáns Bolechas aproveitan unha visita a Pazos de Borbén para aprender que cousas como os xoguetes, as tarefas, os gustos e os sentimentos “non teñen xénero e que nada diferencia a homes e mulleres nese sentido”. A edil de Servizos Sociais, Eloísa Nogueira, destacou que esta publicación “é unha ferramenta útil e rechamante para educar en igualdade dende as primeiras idades”. Nos próximos días o Concello comezará a distribuílos entre a comunidade educativa do municipio ademais das Casas Niño, a Biblioteca Municipal e a Asociación ASPAVI. Para a edición deste exemplar o Concello contou co financiamento do Pacto de Estado para a Prevención da Violencia de Xénero.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará