Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“A lavandeira de San Simón”, unha homenaxe ás “madriñas” dos represaliados

LAvandeirasmontaxe

O Concello de Redondela dedica o 2021 ás Mulleres de San Simón, para poñer en valor “a súa calidade humana e solidariedade” cos represaliados presos na illa. O auditorio da Xunqueira acollerá esta tarde, ás 19.00 horas, a presentación do libro “A lavandeira de San Simón” de Eva Mejuto, con aforo limitado. O acto forma parte dun amplo calendario de iniciativas organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística co obxecto de poñer en valor á figura das Mulleres de San Simón. O Concello de Redondela quere así “render unha homenaxe a todas as mulleres que nos tempos da Guerra Civil e a posguerra foron quen de axudar aos represaliados prisioneiros na illa de San Simón”. A alcaldesa, Digna Rivas, lembra que veciñas de Redondela, Cesantes, Cedeira, Reboreda e Ventosela “puxéronse en risco enfrontándose á represión da ditadura franquista para axudar a aqueles que esperaban un incerto destino na illa convertida en prisión”. Redondela ten unha serie de iniciativas programadas para dar a coñecer tamén ás novas xeracións a historia das “madriñas” de San Simón “e que o seu valor e solidariedade lles sirvan de guía”, apuntou Rivas. A este primeiro acto de presentación de “A lavandeira de San Simón”, seguirán, nestes mesmo mes de abril, outras actividades relacionadas coas Mulleres da Illa como a exposición que se inaugurará o 23 de abril na Alameda Castelao. A mostra, ao igual que acontece coa exposición “Conquistadoras”, actualmente no paseo marítimo de Chapela, será itinerante e percorrerá as parroquias do municipio.

No programa do Ano das Mulleres de San Simón, inclúense actividades que teñen como protagonistas ás e aos escolares redondeláns como poden ser charlas e obradoiros con Eva Mejuto para poñer en valor, entre as e os máis novos, a figura destas mulleres redondelás.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará