Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un plan para crear emprego xuvenil e reactivar a economía

empleoXuvenil

Isidro Villar, enxeñeiro vigués, “apadriña” desde hai anos unha iniciativa de emprego para mozos de entre 20 e 35 anos pertencentes á Plataforma Up (Universitarios Preparados). Neste colectivo de estudantes universitarios e de Formación Profesional hai mozos de Redondela e doutros municipios da comarca, polo que Villar presentou o seu proxecto no Concello de Redondela. O obxectivo é impulsar unha “reconstrución social e económica baseada nunha economía produtiva e un emprego xuvenil de calidade”. Buscan o apoio da administración para poder poñer en marcha un ambicioso proxecto para “mellorar a produtividade, optimizar recursos e crear novas especializades laborais” nestes tempos de crise. Deste xeito, explica Villar, podería darse “unha oportunidade de emprego a mozos que están moi preparados”

Villar lamenta que, polo de agora, non obtiveron resposta por parte do goberno local. En canto aos grupos da oposición sinala que, malia o interese demostrado por Ana Alonso, presidenta da xestora do PP, “tampouco se fixo nada concreto”. Agora o seu obxectivo é realizar unha videoconferencia, para o que solicitará a colaboración da Concellería de Participación Cidadá, para responder as dúbidas dos mozos. Entende Villar que a mocidade “non é o problema” senón “parta da solución” nesta situación de crise. Por iso anima á clase política a deixar de “preocuparse” dos mozos e comezar a “ocuparse” deles, con propostas e solucións “reais e efectivas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará