Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A historia de Rulo, o can abandonado en Redondela que se recupera dunha complexa operación

Rulo 1

Hai historias con final feliz, e a de Rulo podería ser unha delas. Este can, un bulldog francés, leva desde outubro de 2019 no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra. Fora rescatado en Redondela xunto a unha cadela boxer, Rúa, en lamentables condicións e con risco de perder a vida por unha situación de maltrato. O Seprona comisara os animais ao seu dono, a quen se instruíu unha denuncia por abandono que aínda está pendente de resolución xudicial.

O bulldog, ao igual que a boxer, estábase a recuperar perfectamente no centro de acollida pero nos últimos meses detectáraselle unha hernia discal. Esta doenza, habitualmente asociada á súa raza, ameazaba con deixarlle graves problemas de mobilidade, polo que o persoal do CAAN decidiu abordar unha intervención cirúrxica. A operación levouse a cabo hai uns días e resultou satisfactoria, malia que aínda é pronto para saber se o seu grao de recuperación vai ser total. De momento Rulo xa comezou a traballar nos exercicios de fisioterapia e segue a evolucionar favorablemente. Á historia de Rulo aínda lle quedan pasos para ter un final completamente feliz. A súa futura posta en adopción depende aínda da decisión xudicial no proceso que se abriu contra o seu dono. Ata o momento o animal está só en réxime de custodia polo Centro da Deputación, e será necesario que a sentenza declare o seu estado de abandono como trámite previo para que poida comezar a busca dun novo fogar. Ata entón, seguirá a recibir os coidados do persoal das instalacións da Armenteira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará