Hoxe é Venres 8 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bibliopazos propón “Contos por teléfono” para celebrar o Día do Libro

CARTEL CONTOS POR TELÉFONO22_azul claro

A Biblioteca Municipal de Pazos organiza unha sesión de contacontos “personalizada” a cargo da dinamizadora cultural Ana Facchini para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil. Será este xoves e venres 8 e 9 de abril de 17:00 a 21:00 horas. Tan só é preciso facer a reserva para recibir a chamada e escoitar unha historia “especialmente pensada para o oínte ao outro lado do teléfono”. Jose Manuel Soto, responsable da Biblioteca de Pazos, sinala que se trata dun xeito de celebrar o Día do Libro “adaptado á actual situación de pandemia”. As limitacións de aforo e o distanciamento obrigado polos protocolos Covid impiden realizar actos con moita afluencia de público, polo que optaron por esta oferta “máis persoal”. Deste xeito, non só os nenos, senón tamén adultos ou persoas maiores poden recibir a chamada de Ana Facchini, que lles contará unha historia “adaptada á idade do participante”. Soto explica que persoas maiores “que non saen por mor da pandemia e teñen limitada a súa actividade social, poden así recibir a chamada e escoitar unha historia desde o seu fogar”

José Manuel Soto, responsable da Biblioteca Municipal de Pazos de Borbén

As persoas interesadas poden facer a súa reserva na Biblioteca de Pazos ata mañá, 7 de abril, ou chamar ao teléfono 986 497 273, en horario de 09:00 a 14:00 horas, e escoller a hora aproximada á que queren recibir o seu conto. Ana Facchini levaraos “a un tempo e a un espazo máxicos, os da infancia e os soños, nos que con cada historia se nos propón unha viaxe diferente”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará