Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos dota de teclados musicais ao CPI Curros Enríquez

Pianos

A concellería de Educación do Concello de Pazos de Borbén acaba de adquirir 13 teclados eléctricos para a aula de Música do CPI Curros Enríquez. Unha achega coa que se pretende resolver os problemas que os protocolos anticovid supoñen para a educación musical dos alumnos, xa que recomendan evitar a frauta doce. O motivo é que os fluxos de aire propios dos instrumentos de vento poden facilitar a transmisión aérea do virus. Estes novos teclados supoñen unha gran vantaxe, segundo explica a concelleira de Educación, Blanca Míguez, xa que evitan ese problema. Ademais este instrumento “é fácil de limpar logo de cada uso, o que o fai máis seguro ante unha posible infección por contacto”. Míguel sinala que noutros centros educativos optaron por substituír as frautas por guitarras ou ukeleles “pero máis aló dos gustos persoais de cada un, o piano é moito máis fácil de limpar e desinfectar despois de cada clase”, explicou a edil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará