Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O FIC de Andaina chegará a un milleiro de escolares

FestivalAndainaPresentación

Andaina celebra do 9 ao 18 de abril o IX Festival Internacional de Curtametraxes e Diversidade. Un total de nove cintas participan nesta edición, que contará con proxeccións non só en Redondela senón tamén en Moaña. Andaina, asociación de persoas con diversidade funcional con base en Redondela, pon en marcha un ano máis esta cita “para dar visibilidade e sensibilizar á sociedade a través de traballos audiovisuais”, explica Antonio García, o seu presidente. Aínda son moitas as barreiras “físicas e mentais” que teñen que sortear a diario as persoas con diversidade funcional, e festivais coma este serven para “reflexionar sobre esta situación”. Por iso, malia as restricións de aforo da crise sanitaria celebran esta novena edición “con todas as medidas de seguridade”. O festival chegará a uns 1.000 alumnos de centros de ensino de Moaña e Redondela.

Antonio García, presidente da asociación Andaina

Haberá pezas de diferentes países e temáticas, se ben todas teñen en común tratar sobre diversidade funcional ou ter no reparto actores ou actrices con algunha discapacidade. Foron moitos os traballos audiovisuais presentados ao certame, que gaña cada ano en calidade “tamén cun despunte de curtametraxes galegas”. A elección dos premiados será este ano a través dun xurado, cambios obrigado por mor da Covid para evitar contactos coa votación popular do público.

A crise sanitaria da Covid está tamén presente na temática dos traballos presentados ao festival, e reflicte “o dobre perímetro” ao que están sometidas as persoas con diversidade funcional.

As actividades comezarán o 9 de abril en Moaña coa proxección das seccións oficiais nos IES As Barxas e A Paralaia. O sábado día 10 estrean en Chapela cun primeiro pase de balde na Alameda Rosalía de Castro. Do 14 ao 16 de abril celebrarán sesións escolares e os días 17 e 18 proxectarán os bloques oficiais, así como a sección escolar que quedou pendente da edición anterior. O FIC Andaina celebrarase no auditorio da Xunqueira, onde se poderán adquirir os billetes de forma anticipada dous días antes. A organización tamén ten previsto a venda de boletos a través de internet.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará