Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP propón negociar un orzamento municipal para que entre en vigor este ano

CarmenAmoedo

O grupo municipal do PP de Redondela considera “inaprazable” que o goberno local presente un borrador dos orzamentos e ofrecen a súa colaboración “para impulsar axudas reais para Pemes e autónomos, e aumentar as partidas de carácter social, co obxectivo de paliar os efectos da pandemia”. A voceira popular, Carmen Amoedo, trasladará á alcaldesa Digna Rivas, a súa proposta de colaboración na elaboración duns orzamentos para o Concello “que poidan ser aprobados canto antes e que se apliquen este mesmo ano”. Lembran que son “o grupo maioritario da Corporación” polo que entenden que a súa responsabilidade “é facilitar ao máximo a aprobación dun orzamento con visión de futuro, traballando para mellorar a vida dos cidadáns e superando diferenzas políticas”. A proposta de Amoedo para negociar as contas municipais baséase en catro eixos: unha partida destinada á recuperación laboral e económica con axudas ao comercio local, autónomos, Pemes, emprendedores e sector hostaleiro e turístico; aumentar a dotación para accións de ámbito social para persoas en risco de pobreza ou de exclusión, incidindo na reinserción laboral; a realización dos investimentos municipais previstas en proxectos para Redondela e que contan coa cofinanciación doutras administracións; e por último artellar un sistema consensuado que dea solución á retribución do persoal municipal, con especial atención á situación da Policía Local, por traballos que realicen para os cidadáns fóra do seu horario laboral.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará