Hoxe é Luns 2 de Agosto de 2021

SAR e Chapela, máis preto dos obxectivos

SAR29m_n

Triunfo para os dous equipos locais de Primeira Nacional, a SAR Plastic Omnium impúxose na casa ao Tejina, mentres o Rodosa Chapela gañaba en Coia ao Seis do Nadal. Peor sorte para a SAR Rodavigo da División de Honra Prata, que perdeu na visita á pista do Hand Vall Valladolid.

División de Honra Prata

Valladolid 31-20 SAR Rodavigo

As mozas de “Chini” só aguantaron o ritmo do equipo local os primeiros 15 minutos de xogo (7-7). Pero tras un arreón das valisoletanas, chegouse ao descanso cunha diferenza de 6 goles abaixo (14-9) O inicio da segunda parte foi igual que o final da primeira. Con pouco acerto do equipo cara portaría, o Hand Vall Valladolid afastábase máis e máis no marcador, alcanzando rendas de até 14 goles (30-16). Nun último esforzo das de Redondela recortouse esa distancia e o partido finalizou cun 31-20 a favor das locais. A próxima fin de semana tamén terán xornada de descanso. O seu seguinte partido celebrarase o sábado 10 de abril na Bomboneira contra as canarias Salud Tenerife.

Primeira Nacional

SAR Plastic Omnium 27-25 Tejina

Os puntos conseguidos no enfrontamento contra o Tejina fan que o obxectivo marcado polo club a principio de tempada, a permanencia en Primeira Nacional, estea cada vez máis preto. O encontro estivo dominado sempre pola SAR. Unha boa defensa e o traballo efectivo nas combinacións en ataque permitiron aos de Pablo Muíños chegar ao descanso con catro goles de diferenza. Na continuación, esa vantaxe viuse aumentada até os seis goles. Pero os axustes realizados no xogo polos canarios rebaixouse até só un só gol. Outro final de partido apertado e emocionante e que, de novo, cae de parte da SAR (27-25). O resultado ten máis valor aínda se cabe, tendo en conta que, ante as ausencias das incorporacións desta tempada, o equipo estaba formado integramente por xogadores da canteira. A próxima fin de semana a SAR terá xornada de descanso. Retoman a competición o día 10 de abril ante o BM Lavadores en Vigo.

Magope Seis do Nadal 29-31 Rodosa Chapela

Partido moi igualado entre o Magope e o Rodosa BM Chapela, que se decidiu a favor dos redondeláns, que seguen no 3º posto e vivos na loita por meterse na fase de ascenso. O próximo partido será en Canarias, ante o Gourmet Ampate Lanzarote, no 2º posto e rival directo polos postos de fase de ascenso.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *