Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O remo redondelán boga forte na ría

remo29m

Foto:Remeirando

O Club de Remo Chapela fíxose o sábado coa Bandeira Concello de Bueu de Bateis na categoría feminina, mentres que Mar de Bueu, os anfitrións da regata, gañaron a masculina. Onte domingo, nas probas da Liguiña Provincial disputada en Moaña, o remo redondelán recolleu tamén importantes triunfos. Chapela acadou dúas vitorias e o C.R. Cesantes, unha.

Liguiña Provincial de Bateis

Os peiraos do Con, Moaña, foron onte escenario das probas da Liguiña Provincial de Bateis, organizada pola S.D.Tirán-Pereira. Participaron máis dun cento de equipos representando aos 20 clubs da provincia e aos que se sumou como convidado o C.R.Cabo de Cruz. As vitorias foron moi repartidas, e unicamente Chapela, Samertolaméu e Robaleira conquistaron dúas vitorias, mentres Cesantes, Mecos, Bueu e Cabo de Cruz conquistaron un triunfo cada un. Para Chapela foron os ouros en xuvenil feminino e masculino, e tamén a prata cadete e absoluta feminina. Para Cesantes foi o ouro en infantil masculino.

Resultados regatas femininas: Alevín: 1. Cabo Cruz, 3.07:73; 2. Vila Cangas, 3.16:95; 3. Tirán, 3.23:34. Infantil: 1. Samertolaméu, 5.45:57; 2. Tirán, 5.46:90; 3. Samertolaméu, 6.04:56. Cadete: 1. Robaleira, 8.33:39; 2. Chapela, 8.41:48; 3. Amegrove, 8.52:28. Xuvenil: 1. Chapela, 11.47:63; 2. Cabo Cruz, 12.04:33; 3. Samertolaméu, 13.08:43. Absoluta: 1 Robaleira, 11.06:42; 2. Chapela, 11.06:75; 3. Samertolaméu, 11.18:52.

Masculinas: Alevín: 1. Samertolaméu, 2.46:91; 2. Cabo Cruz, 2.58:21; 3. Mecos, 2.58:74. Infantil: 1. Cesantes, 5.32:56; 2. Tirán, 5.34:58; 3. Virxe Guía, 5.36:13. Cadete: 1 Mecos, 7.45:42; 2. Chapela, 7.49:71; 3. Samertolaméu, 7.58:03. Xuvenil: 1. Chapela, 10.35:77; 2. Cabo Cruz, 10.41:49; 3. Amegrove, 10.53:21. Absoluta: 1. Bueu, 10.02:98; 2. Samertolaméu, 10.04:49; 3. Mecos, 10.26:85.

Bandeira Concello de Bueu

Chapela adxudicouse a Bandeira Concello de Bueu en categoría feminina. O club anfitrión, Mar de Bueu, fíxose coa masculina. Os outros vencedores masculinos foron: Samertolaméu en alevíns, seguido de Chapela e Bueu; Cesantes, cunha vitoria rotunda en infantís, deixando moi atrás a Virxe da Guía e Tirán; e Chapela moi apertado por Samertolaméu, segundo e Mecos, terceiro en cadetes.

Na categoría Xuvenil feminina non se celebraron probas, ao non haber ningunha inscrición, polo que as catro vitorias foron para Robaleira en dúas categorías e Tirán e Samertolaméu, unha cada un.

Resultados categoría feminina: Alevíns: 1. Tirán, 2.53:90; 2. Chapela, 3.22:76; 3. Chapela, 3.43:54. Infantís: 1. Samertolaméu, 5.13:57; 2. Tirán, 5.17:33; 3. Samertolaméu, 5.35:32. Cadete: 1. Robaleira, 7.57:71; 2. Mecos, 7.58:17; 3. Amegrove, 8.04:09. Absoluta: 1. Robaleira, 10.24:36; 2. Chapela, 10.25:56; 3. Samertolaméu, 10.42:71.

Regatas masculinas: Alevíns: 1. Samertolaméu, 2.32:16; 2. Chapela, 2.38:60; 3. Bueu, 2.41:21. Infantís: 1. Cesantes, 5.06:46; 2. Virxe Guía, 5.18:85; 3. Tirán, 5.22:25. Cadetes: 1. Chapela, 7.09:92; 2. Samertolaméu, 7.10:27; 3. Mecos, 7.17:58. Xuvenís: 1. Bueu, 9.39:00; 2. Amegrove, 9.41:47; 3. Samertolaméu, 9.57:93. Absoluto: 1. Bueu, 9.05:83; 2. Tirán, 9.09:03; 3. Samertolaméu, 9.15:89.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará