Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un gol que vale unha permanencia

Choco29m

Final de infarto na primeira fase da Terceira División. O CD Choco, que gañou pola mínima ao Pontellas nos últimos minutos do partido, xogará na fase intermedia e buscará un lugar no “play-off” pola Segunda RFEF. Un único gol de Alberto Suárez vale os 3 puntos da xornada.

Terceira División

Choco 1-0 Pontellas

Ledicia e satisfacción en Santa Mariña logo dunha vitoria moi sufrida que garante o 6º posto na clasificación e, polo tanto, a permanencia. Non foi ata o minuto 79 cando Alberto Suárez logo dun centro atrás de Iano na área remata dentro da portería de Aaron para subir o primeiro e único gol do partido. Non foi o mellor partido do equipo de “Gonza” no que os nervios e a tensión foron protagonistas polo moito que había en xogo. O Choco buscou os tres puntos ante o Potellas. Iano, Félix, Martín ou Comis foron algúns dos que o intentaron. Tampouco o Pontellas renunciaba a nada, e fixeron que Cortegoso tivese que empregarse a fondo baixo os paus, cunha gran actuación. Houbo opcións para os dous equipos e finalmente foi o equipo redondelán o que se fixo co premio.

Hoxe coñecerase o calendario para os cinco equipos Terceira División da bisbarra. O Alondras parte no grupo polo ascenso coa puntuación máis baixa do sexteto. O Rápido de Bouzas, igual que o Choco, está no grupo intermedio, e os dous loitarán por unha praza no “play-off” de ascenso, ou pola contra seguirán en Terceira RFEF. O Atios, no grupo de permanencia, ten que remontan oito puntos para evitar un descenso masivo ao que parece case abocado o Pontellas, que cambia de fase con só nove puntos no seu haber.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará