Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños saen á rúa contra a peaxe de Rande

sdr

Con berros de “Ábalos escoita, estamos en loita” ou “Contra a peaxe só nos queda a sabotaxe”, máis de 500 veciños botáronse á rúa esta tarde. Convocados polas Asociacións de Veciños de Chapela, Trasmañó e Teis a marcha comezou na rotonda de Torres Padín e transcorreu pola estrada nacional até a Avenida de Bos Aires. Os manifestantes esixiron, unha vez máis, a supresión da peaxe da AP-9 no tramo Redondela-Vigo e a súa conversión en tramo urbano, a reposicións dos camiños afectados polas obras de ampliación da autoestrada e outras melloras comprometidas, como as pantallas acústicas. O presidente do colectivo veciñal de Chapela, Marcial Pérez, advertiu que seguirán mobilizándose “ata que o goberno cumpra cos seus compromisos” e denunciou que a día de hoxe “aínda non hai data para a supresión da peaxe nin para a reposición dos destrozos que provocaron as obras de ampliación”. Lembrou que xa pasaron máis de 3 anos dende que se inaugurou a ampliación da AP-9 “e Chapela segue destrozada e desprotexida”.

Marcial Pérez, presidente da Asociación de Veciños de Chapela

Anxo Iglesias, presidente da Asociación de Veciños de Teis, criticou o abandono dos pasos elevados na AP-9 “que son inseguro” e deixan incomunicada a parroquia”. A supresión da peaxe de Rande xa fora anunciada en 2018 polo anterior goberno, do PP. Actualmente existe unha partida nos orzamentos do Estado para sufragar a gratuidade do tramo “pero a finais de marzo segue sen ser unha realidade”.

Anxo Iglesias, presidente da Asociación de Veciños de Teis

Arrouparon á veciñanza representantes todas as forzas políticas. O deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, reclamou a aplicación do acordo de investidura entre o BNG e o PSOE nesta materia. “A supresión da peaxe Redondela-Vigo é unha demanda histórica e de xustiza, e o tramo debe converterse nun vía urbana, ademais de incorporar outras melloras como as pantallas acústicas”, dixo Rego.

Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso dos Deputados

O deputado popular Diego Gago lembrou que desde 2018 está comprometida a supresión da peaxe “e despois de múltiples anuncios do goberno de Pedro Sánchez aínda non se fixo, e os veciños de Chapela e Teis seguen a ter os mesmos problemas”.

Diego Gago, deputado do PP no Congreso dos Deputados

Na mobilización estiveron tamén varios deputados autonómicos e representantes da política local de Redondela e Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará