Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Secretario de Infraestruturas comprométese a novas melloras na reposición de viais da AP-9

transmaño

Entre esas melloras estaría o arranxo da Ponte de Trasmañó no acceso cara a N-552 incrementando a seguridade e accesibilidade da vía, o arranxo da totalidade do camiño Mouriño ou a mellora do camiño do Piñeiral.

Un compromiso que adquiría o secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Sergio Vázquez Torrón, na xuntanza telemática celebrada esta semana coa alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e os concelleiros de Medio Ambiente e Urbanismo. Na xuntanza trataron algunhas das alegacións presentadas pola veciñanza e colectivos de Chapela que non están recollidas no proxecto actual e que o secretario comprometeuse a incluír.

Entre esas melloras, que o concello cualifica como “irrenunciables”, está a necesidade de arranxar a Ponte de Trasmañó no que fai referencia a súa accesibilidade cara a N-552 mellorando as súas condicións de seguridade e de comodidade. En canto, ao camiño Mouriño, a rexedora local e o edil de Medio Ambiente, Roberto Villar, trasladáronlle que “era inaceptable a reparación só da metade do camiño” como se recolle no proxecto actual e tamén lle comunicaron a necesidade de incluír a mellora do camiño do Piñeiral.

Na reunión tamén se falou da redacción do proxecto da Avenida de Redondela “unha obra que contribuirá a mellorar Chapela, a calidade de vida da súa veciñanza e coa que se paga unha débeda histórica coa parroquia”, segundo apuntan dende o goberno local.

As conclusións da xuntanza foron trasladadas este xoves á Asociación de Afectados pola AP-9 e a Asociación de Veciños de Chapela. Rivas tamén lles trasladou que con brevidade será convocada a Comisión de Seguimento, que segundo dixo, “non tiña sentido convocar antes sen contar co compromiso firme do Ministerio de Transportes”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará