Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Meirande inaugura sala de exposicións coa mostra “Fillos do Océano”

mostra

Ata o 29 de abril pódese visitar esta exposición do fotógrafo vigués Javier Teniente. Imaxes sobre o mundo do mar dende Galicia ata a India ou Vietnam. Homes e mulleres que viven do mar, os ecosistemas e a vida nos océanos centran a temática desta mostra que inaugura un novo espazo habilitado para exposicións no museo Meirande.

“Fillos do Océano” amosa imaxes que o premiado fotógrafo vigués, Javier Teniente, tomou en distintos lugares do mundo onde desenvolveu o seu traballo profesional retratando as guerras, a marxinación ou desastres naturais en Centroamérica, Kósovo, Iraq ou Haití. Durante anos colaborou como fotógrafo para Nacións Unidas, Médicos do Mundo, Médicos sen Fronteiras, Acción contra a fame e outras organizacións internacionais. Algunhas desas instantáneas tomadas ao longo da súa vida preséntaas nesta exposición na que documenta e homenaxea a eses homes e mulleres que viven do mar e que “obteñen del todo o necesario para a súa supervivencia dunha forma sostible”. Unha mostra que tamén quere ser unha chamada de atención sobre a vulnerabilidade dos ecosistemas mariños fronte á destrución que hoxe os ameaza coa sobrepesca industrial e a contaminación.

Coa obra de Javier Teniente inaugúrase un novo espazo no museo Meirande que completa a súa oferta con esta sala de exposicións. O obxectivo, segundo explica o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa é abrir “Meirande a novos proxectos culturais relacionados co mundo do mar, nunha ubicación ideal: ó pé da ría”.

A exposición ten entrada gratuíta e estará aberta ao público ata o 29 de Abril, de martes a venres, en horario de 16:00 a 19:00 e sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará