Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG propón dotar de equipos informáticos ás familias desfavorecidas de Soutomaior

Ordenadores

O grupo municipal do BNG propón que o Concello de Soutomaior habilite unha liña de axudas para dotar de ordenadores e conexión a internet a aquelas familias necesitadas para facer fronte ás necesidades da pandemia. O voceiro municipal, Manu Lourenzo, sinala que os equipos informáticos poderían financiarse a cargo da liña 2 do plan concellos da Deputación de Pontevedra. Lembra que a pandemia da Covid-19 está a ter unha grave incidencia na comunidade educativa, logo de que moitos alumnos tiveran que quedar confinados “mesmo con aulas pechadas”. Lourenzo explica que a pandemia fixo que en xeral “as dinámicas académicas sexan cada día máis dependentes do ensino virtual”. Advirte que esta situación “provoca grandes dificultades para as familias, sobre todo aquelas que teñen menos recursos”. O voceiro do BNG que se dan casos de familias “con dous ou tres fillos en idade escolar que contan só cun ordenador, que ademais deben compartir cos pais, polo que é imposíbel que todos os irmáns poidan seguir as clases”. Lourenzo destaca que a pandemia “pode condicionar o futuro destes nenos” polo que o Concello “debe poñer todo o que estea na súa man para axudar”. Lembra que co financiamento da liña 2 da Deputación de Pontevedra e o remanente pode habilitarse unha partida non inferior a 60.000 euros “para que ningunha familia estea en inferioridade de condicións e axudar a que todo o alumnado poida seguir o ensino virtual”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará