Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A gratuidade da peaxe de Redondela terá que agardar “á segunda metade do ano”

Peaxe

Novo atraso nos compromisos do Ministerio de Transportes en canto á supresión da peaxe da AP-9. Se a comezos deste 2021 o goberno central anunciaba que a gratuidade no tramo entre Redondela e Vigo sería unha realidade no primeiro semestre do ano, sen avanzar unha data concreta, agora o ministro Ábalos adía este compromiso “á segunda metade do ano”. Tamén os prometidos descontos no resto de peaxes da AP-9, unha das autoestradas máis caras de España, entrarán en vigor o segundo semestre deste ano. Queda por concretar en que consistirán esas rebaixas, que estarán dirixidas a usuarios frecuentes desta vía. Xunta e Goberno acordaron onte “acordar criterios” no deseño das bonificacións para que a proposta que se faga ante a concesionaria Audasa sexa “consensuada” por ambas as administracións. Este foi un dos compromisos adquiridos onte na reunión mantida en Madrid entre o ministro de Transportes, José Luís Ábalos, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O responsable de Transportes do Goberno lembrou que os orzamentos do Estado reservan para este ano unha partida de 55 millóns para aplicar bonificacións, pero aínda non hai data para facelas efectivas

O BNG propón melloras ao proxecto de resposición da AP-9

O deputado nacionalista, Néstor Rego, demandou as melloras no Proxecto de Reposicións reclamadas polo BNG e outros colectivos. Entre outras cuestións reclaman a instalación dunha pantalla de seguridade na ponte sobre a Autoestrada de acceso a Trasmañó e a mellora dos camiños das Laxes en Río Frío, deteriorado pola maquinaria pesada que realizou un balado de contención. Tamén se demanda a instalación de pantallas vexetais “co fin de reducir o impacto visual dos balados da AP-9 que atravesa o núcleo urbano de Chapela”. No camiño de Mouriño, proponse igualmente a contrucción dun paso elevado. O voceiro do BNG en Redondela, Xoán Carlos González, destacou a importancia desta iniciativa no Congreso “para que as obras de reposición e compensación mitiguen o impacto negativo da AP-9” xa que o proxecto presentado “non compensa verdadeiramente a Chapela”. Tamén instan ao Ministerio a que realice “no menor tempo posible” a instalacións de pantallas acústicas “para reducir os problemas de ruídos no IES Chapela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará