Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os empresarios denuncian que o traslado da feira causa problemas aos comerciantes

feira

A Asociación de Empresarios de Redondela denuncia “o trato que están a recibir algúns comerciantes tras reclamar solucións ante os prexuízos que lles causa a nova ubicación da feira”. Por mor da crise sanitaria da Covid o Concello reorganizou a feira de Redondela, que se celebra os días 6 e 21 de cada mes, pechando ao tráfico a avenida Mendiño os días non lectivos. Deste xeito os postos ambulantes poden ocupar toda a estrada e manter maior distancia entre eles. Esta nova configuración “está a ocasionar importantes barreiras de mobilidade á clientela e a cidadanía en xeral”, segundo denuncia a Asociación de Empresarios, e levou a que algúns comercios “opten por non abrir os días de feira”. Sinala o colectivo que outros Concellos teñen apostado por fórmulas “como a rotación de postos ou buscar novos emprazamentos mais amplos que permitan o cumprimento das medidas de seguridade”. Desde a Asociación reclaman unha aposta da administración local “pola dinamización comercial” para poñer en marcha novos proxectos que reactiven o comercio e hostalaría da vila “consensuados cos comerciantes e empresarios”. Afirman que neste momento de crise económica son necesarias “solucións baseadas no diálogo” e non “discriminar” aos comerciantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará