Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos en lingua de signos para o alumnado de Pazos

RosaCaramelo

Dentro da programación co gallo do Día Internacional da Muller, mañá venres os escolares de Pazos poderán gozar dunha nova proposta cultural. Trátase dun contacontos retransmitido en liña en lingua galega e lingua de signos titulado “Rosa Caramelo” e que levarán a cabo Aranzazu Casas e María Costa de ContAZ Lingua de signos. Baseado no álbum ilustrado de Adela Turín e Nella Bosnia conta a historia de Margarida “a única elefanta do grupo que non consegue ter a pel rosa caramelo”. Pero Margarida non quere lucir lazos rosas, nin zapatos rosas. O que quere é ter “a mesma liberdade que os elefantes varóns e xogar sen limitacións”. A actividade retransmitirase ás 13:00 horas para os escolares de Infantil da EEI A Galeriña de Nespereira; os de Infantil e de 1º a 4º de Primaria do CPI Curros Enríquez de Pazos. Tamén aos usuarios da Asociación ASPAVI se lles fará chegar o enlace para conectarse a través de internet e poder gozar do conto. A actividade está organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela en colaboración con BiblioPazos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará