Hoxe é Mércores 4 de Agosto de 2021

Os ríos redondeláns, a estudo

Redondela,_río_Alvedosa

A Concellería de Medio Ambiente xunto a Faia Educación Ambiental promoven un curso en liña que afondará na biodiversidade dos ríos, especialmente no Alvedosa, Maceiras, Pexegueiro e Fondón. Catro xornadas de dúas horas de duración, que comezarán este xoves, 11 de marzo, e que continuarán o 16, 18 e 23 deste mes. Unha actividade gratuíta e aberta a todo tipo de público. Tanto para aqueles que non teñan ningún coñecemento sobre este tema como para os que desexen afondar na realidade dos ríos locais. Para participar é preciso inscribirse previamente en medioambiente@redondela.gal ou no teléfono 986 400 300.

Coñecer o pasado e presente dos bosques de ribeira, as súas características e peculiaridades, afondar nas funcións que cumpre cada unha das árbores, arbustos e herbas que atopamos nas canles dos ríos é un dos obxectivos deste curso a distancia no que tamén se falará dos ríos que pasan por Redondela e da súa situación actual, que segundo nos explica Marcelo Rodríguez, responsable de Faia Educación Ambiental, non dista moito doutros municipios con poboación e características similares á vila dos Viadutos. Así os tramos máis próximos ao nacemento do río son os que preservan un estado máis próximo ao orixinario e canto máis se achegan aos núcleos de poboación ou a grandes infraestruturas o deterioro é maior.

Marcelo Rodríguez, Faia Educación Ambiental

Analizaranse as súas peculiaridades e farase especial fincapé no momento de floración que se está a dar na actualidade coa proximidade da primavera e que se converte na época do ano de maior esplendor destes espazos naturais. A través de vídeos e imaxes achegarémonos á realidade dos ríos, especialmente os de Redondela, así como a variedade de árbores que atopamos nas súas canles como os amieiros ou freixos.

Contido curso

Un curso interactivo no que se busca a participación activa e que comezará este xoves, 11 de marzo, ás 17.00 e ata as 19.00 horas. As seguintes sesións serán o martes 16, o xoves 18 e rematará o día 23 de marzo.

Dinámica do curso
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *